Os primeiros cans por fecundación 'in vitro'

Cans nacidos tras fecundación in vitro, na Universidade Cornell.
Cans nacidos tras fecundación in vitro, na Universidade Cornell.

Cans nacidos tras fecundación in vitro, na Universidade Cornell.
Cans nacidos tras fecundación in vitro, na Universidade Cornell.

 
 
Un grupo de investigadores da Universidade Cornell de Nova York conseguiu que naza a primeira camada de cachorros de can por fecundación in vitro, un logro que podería axudar a salvar especies en perigo de extinción. O avance, publicado na revista especializada Public Library of Science ONE, tamén podería supoñer un paso adiante para combater as enfermidades hereditarias nos cans, así como para estudar o desenvolvemento das enfermidades congénitas, xa que os cans comparten máis de 350 trastornos e trazos hereditarios cos humanos.
Para conseguir a fecundación, os investigadores transferiron 19 embrións previamente tratados á cadela escollida para xestar, a cal deu a luz a sete cachorros sans, dous dunha nai beagle e un pai cocker spaniel, e cinco a partir de dúas parellas de pais e nais beagle. “Desde mediados da década de 1970, a xente estivo tratando de facer isto nun can e non tiveron éxito”, dixo Alex Travis, profesor asociado de bioloxía reprodutiva no Instituto Baker de Sanidade Animal, na Facultade de Medicina Veterinaria de Cornell.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.