Ondas semiconxeladas na costa de Massachusetts

Ondas semiconxeladas
A onda de frío que azoutou este pasado mes de febreiro os Estados Unidos causou fenómenos extremos na costa, como a semiconxelación das ondas do mar. O fotógrafo e surfista Jonathan Nimerfroh puido captar hai pouco máis dunha semana esta espectacular imaxe nunha praia da illa de Nantucket, a uns 50 km ó sur de Cape Cod, en Massachusetts, a unha temperatura de 19 graos baixo cero. Un fenómeno inédito nesta zona que se produciu polos históricos rexistros de temperatura acadados, causados pola onda de frío que afectou, especialmente, o norte e leste do país. O carácter único deste fenómeno e a súa beleza fixo que Nimerfroh tomase máis imaxes que publicou en varios medios nacionais e que puxo á venda na súa páxina web.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.