Fotonautas Ondas de estorniños: un espectáculo no ceo escocés Por Redacción - 21/09/2014 FacebookTwitterLinkedinWhatsAppEmailCopy URL Un dos grandes espectáculos da vida salvaxe que se poden contemplar no norte de Europa son as reunións de centos de miles de estorniños durante os crepúsculos de inverno. O escenario desta imaxe, tomada por Danny Green (Reino Unido), é Gretna Green, en Escocia. Green puido captar o momento no que a enorme bandada de estorniños forma o que semella unha grande onda no ceo para tentar, coas súas manobras, esquivar os ataques dun falcón. Green gañou con esta imaxe o afamado Wildlife Photographer of the Year, no ano 2009. Hoxe forma parte do libro “50 years of Wildlife Photographer of the Year”, que este mes de setembro vén de publicar o National History Museum de Londres.