Modelo 3D do aeroporto de Donetsk

O xornalismo drone crea un modelo 3D interactivo do destruído aeroporto de Donetsk


Membros da Sociedade Profesional de Xornalismo Drone crearon un proxecto internacional baseado nunha maqueta tridimensional do destruído aeroporto internacional da cidade de Donetsk, en Ucraína. No modelo 3D pódese apreciar a devastación da zona como resultado dos combates. entre as forzas ucraínas e os independentistas prorrusos.

Para a creación deste modelo 3D interactivo os expertos valéronse de imaxes tomadas por un drone —vehículo aéreos non tripulado— utilizado por un grupo de civís denominado АРМІЯ SOS, ademais doutras imaxes obtidas polo satélite de Google Earth. Os especialistas tomaron un frame por segundo do video e logo o procesaron con software de fotogrametría. Isto non só fai posible a xeración de modelos tridimensionais da zona de guerra, senón tamén para crear fotomapas que capturan a paisaxe dun conflito bélico.

Nestes modeos 3D interactivos aprécianse detalles que non son tan evidentes nas simples gravacións dos videos. Os modelos conteñen marcadores que sinalan e aportan información dos aspectos máis relevantes.

O aeroporto foi unha vez un motivo de orgullo para Donetsk. Contaba cunha nova terminal principal, construído para a Eurocopa de fútbol 2012 e no seu sitio web aínda se menciona un hotel no lugar, varios restaurantes e tendas e o servizo de 15 liñas aéreas. Nada diso hai hoxe neste aeroporto.

Donetsk Int’l Airport Terminal

Por: Matthew Schroyer
En: Sketchfab

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.