O traxe da NASA para colonizar Marte

z2-suit-nasa
Este é o prototipo do traxe espacial que levarán os astronautas da NASA no primeiro voo tripulado a Marte. O uniforme Z-2 foi elixido entre tres propostas, nunha votación pública na que participaron 233.431 persoas. Bautizado co nome ‘Tecchnology’, a versión final do prototipo gañador será posta a proba en novembro deste ano. En 2012, a axencia espacial de Estados Unidos presentou o Z-1, unha evolución dos traxes espaciais utilizados nos últimos 30 anos. A principal diferenza entre o Z-1 e o Z-2 é que o primeiro tiña o torso suave e o do novo prototipo será duro para que sexa máis durable. Tamén cambian as unións dos ombreiros e as cadeiras para optimizar a mobilidade dos astronautas. O Z-2 terá partes impresas en 3D. Uns escáneres láser 3D asegurarán que o traxe se axuste a cada astronauta á perfección. Conta ademais con parches de emisión de luz e cables luminiscentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.