Foto gañadora: 'Que esconde a man dun neno?'. De Raúl Rivas e Lorena Celador.

Foto gañadora: 'Que esconde a man dun neno?'. De Raúl Rivas e Lorena Celador.

O que esconde a man dunha nena…

Foto gañadora: 'Que esconde a man dun neno?'. De Raúl Rivas e Lorena Celador.

Foto gañadora: ‘Que esconde a man dun neno?’. De Raúl Rivas e Lorena Celador.

 

A imaxe titulada ‘Que esconde a man dun neno?’ recibiu o primeiro premio na categoría xeral da 13ª edición do certame de fotografía científica Fotciencia. Os seus autores, Raúl Rivas e Lorena Celador, fotografaron a pegada dunha nena de seis anos que pousou a súa man sobre unha placa de Petri. A imaxe, tomada tras incubar a placa durante dous días, reflicte colonias de fermentos e unha gran diversidade de colonias de bacterias en distintas formas e tonalidades.

Fotciencia é un concurso de ámbito nacional, organizado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), coa colaboración da Fundación Jesús Serra. Pretende achegar a ciencia á cidadanía a través de fotografías que abordan cuestións científicas desde unha visión artística e estética.

O obxectivo da instantánea gañadora do primeiro premio da categoría xeral era demostrar a alumnos de Infantil e Primaria dun colexio de Salamanca a importancia que ten lavarse as mans e, ao mesmo tempo, ensinarlles que a presenza de microorganismos na nosa pel é algo habitual.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.