O planeta máis parecido á Terra

Denominárono o planeta
Denominárono o planeta "primo" da Terra, e é dende logo o principal candidato-remoto- a albergar algún tipo de vida. É o Kepler-452b, así denominado porque foi o telescopio espacial Kepler o que o detectou. Orbita na zona habitable dunha estrela similar ao Sol, polo que as súas condicións se consideran teoricamente similares ao do noso planeta azul. Jon Jenkins, xefe de análise de datos da misión Kepler da NASA, explicou que é un 60% máis grande que a Terra, polo que a gravidade na súa superficie sería dúas veces a do noso. Non obstante, o seu tamaño permite aos científicos adiantar que é rochoso, probablemente cunha atmosfera máis densa e cunha importante concentración de volcáns activos. Recibe un 10% máis de enerxía da súa estrela que a Terra do Sol, xa que o astro está nun estadio máis avanzado da súa vida, emite máis brillo e é máis grande. A NASA cualificouno como "un primo máis grande e máis vello da Terra". "Este é ata agora o planeta que máis se asemella á Terra e algo que podemos chamar fogar", explicou un dos científicos do programa.
Kepler etc
Denominárono o planeta “primo” da Terra, e é dende logo o principal candidato-remoto- a albergar algún tipo de vida. É o Kepler-452b, así denominado porque foi o telescopio espacial Kepler o que o detectou. Orbita na zona habitable dunha estrela similar ao Sol, polo que as súas condicións se consideran teoricamente similares ao do noso planeta azul. Jon Jenkins, xefe de análise de datos da misión Kepler da NASA, explicou que é un 60% máis grande que a Terra, polo que a gravidade na súa superficie sería dúas veces a do noso. Non obstante, o seu tamaño permite aos científicos adiantar que é rochoso, probablemente cunha atmosfera máis densa e cunha importante concentración de volcáns activos. Recibe un 10% máis de enerxía da súa estrela que a Terra do Sol, xa que o astro está nun estadio máis avanzado da súa vida, emite máis brillo e é máis grande. A NASA cualificouno como “un primo máis grande e máis vello da Terra”. “Este é ata agora o planeta que máis se asemella á Terra e algo que podemos chamar fogar”, explicou un dos científicos do programa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.