O orangután gapeador, premio Wildlife

A fotografía gañadora, de Tim Laman.
A fotografía gañadora, de Tim Laman.
A fotografía gañadora, de Tim Laman.

Onte reveláronse os gañadores do premio de fotoperiodismo Wildlife Photojournalist Award durante unha cerimonia no Museo de Historia Natural de Londres (Reino Unido). A espectacular imaxe dun novo orangután de Borneo (Pongo pygmaeus) rubindo por unha figueira sobre a selva tropical de Indonesia, do fotógrafo estadounidense Tim Laman, levouse o premio ao fotógrafo de natureza deste ano. Tim Laman pasou tres días escalando unha árbore de 30 metros de altura para colocar varias cámaras GoPro que se podían manexar de xeito remoto. Unha delas capturou a cara dun orangután dende arriba cunha perspectiva de gran angular coa selva de fondo, o que lle valeu ao fotoperiodista o galardón máis prestixioso de fotografía de natureza.

Os orangutáns salvaxes enfróntanse a unha crise de supervivencia pola perda do seu hábitat debido á agricultura e á explotación forestal, así como polo aumento da caza furtiva para o comercio ilegal de mascotas. Isto fai que o futuro desta especie sexa sombrío.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.