O Observatorio Astronómico da USC capta o paso de Mercurio por diante do disco solar

Mercurio pasando por diante do disco solar este luns 9 ás 14.37 horas. Foto: Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.

A pesar das condicións meteorolóxicas adversas deste luns, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC conseguiu fotografar o planeta Mercurio no seu tránsito por diante do disco solar, un fenómeno que, como media, se produce 13 veces por século.

O primeiro tránsito de Mercurio do pasado século fora seguido dende Lalín en 1907 por Ramón María Aller Ulloa, facendo logo unha pormenorizada descrición do suceso nun texto que permaneceu inédito ata 2013, data na que foi publicado de xeito facsimilar no número 12 do anuario Descubrindo.

Publicidade

O profesor Docobo, director do Observatorio, explica que, no pasado, os tránsitos foron moi útiles para axudar a determinar as dimensións do Sistema Solar. Na actualidade, a súa observación noutras estrelas é unha das técnicas que máis planetas extrasolares ten permitido descubrir.

Os tránsitos do planeta máis próximo ao Sol prodúcense a intervalos de 3.5, 7, 9.5, 10 e 13 anos. Outra das súas particularidades é o paso ante a estrela só se produce preto dos días 8 e 9 de maio e 10 e 11 de novembro, datas en que Mercurio atravesa o plano da Elíptica. O propio Docobo indica que se as órbitas de Mercurio e Venus fosen coplanarias coa da Terra (a Elíptica) “ poderiamos contemplar 3 tránsitos de Mercurio ao ano, pero a órbita deste último está inclinada respecto á Elíptica e iso fai que o suceso se converta en pouco usual”. Logo deste luns, este tránsito non se volverá producir ata 2019.

Como xa ten advertido o profesor Docobo, “o único método seguro para seguir o tránsito é proxectar a imaxe do Sol sobre unha pantalla, nunca mirando cara a el directamente”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.