Chorros de po no cometa 67P

O nunca visto: o espertar dun chorro de po no cometa 67P/C-G

Chorros de po no cometa 67P

Ás veces todo é cuestión de estar no lugar correcto no momento adecuado. Ou, como no caso da sonda espacial Rosetta da ESA (Axencia Espacial Europea), de abrir os ollos no intre preciso. A mediados de marzo, a súa cámara OSIRIS puido captar un novo chorro de po saíndo da superficie do cometa 67 P/Churyumov-Gerasimenko. Un descubrimento casual que permite ver aquilo do que ninguén nunca antes fora testemuña: o espertar dun chorro de po. A actividade do cometa vén aumentando considerablemente nas útimas semanas, a medida que se achega ao Sol, xa que o seu núcleo se vai quentando máis e os gases conxelados subliman dende a súa superficie. As imaxes ofrecidas pola Rosetta tomáronse o pasado 12 de marzo a unha distancia de 75 quilómetros e acaban de ser presentadas pola ESA. | Créditos: ESA / Rosetta / MPS para OSIRIS equipo MPS / UPD / LAM / IAA / SSO / INTA / UPM / DASP / IDA.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.