As imaxes tomadas pola sonda Rosetta.

As imaxes tomadas pola sonda Rosetta.

O álbum das 120 fotos de Rosetta ao seu cometa

Unha colección das imaxes tomadas pola sonda espacial na súa misión

As imaxes tomadas pola sonda Rosetta.

As imaxes tomadas pola sonda Rosetta.

Estas 210 imaxes amosan as múltiples vistas que Rosetta obtivo do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko entre xullo de 2014 e setembro de 2016. Antes da chegada da nave o 6 de agosto, o cometa apenas ocupaba algúns píxeles do seu campo de visión, pero logo fotografou a súa superficie a unha distancia de tan só 10 km, para localizar o lugar de aterraxe de Philae. Esta operación está representada polas imaxes de despedida que tomaron de si mesmos tanto a sonda como o módulo pouco despois da súa separación e por Philae ao achegarse á superficie.

As imaxes seguintes reflicten as distintas distancias desde o cometa, así como o aumento e descenso da súa actividade ao longo da órbita arredor do Sol. Antes de que o cometa alcanzase a súa fase máis activa en agosto de 2015, Rosetta puido realizar varios voos próximos, incluíndo un no que a xeometría de iluminación do Sol fixo posible ver na superficie a sombra da nave. Despois, por mor do incremento de po na contorna local, a nave tivo que se manter a unha distancia prudente, aínda que seguiu capturando vistas impresionantes da actividade global do cometa, con chorros e emisións.

Unha vez que a actividade comezou a diminuír, Rosetta volveu achegarse para continuar coa ciencia preto do núcleo. A misión concluíu cando Rosetta protagonizou un espectacular descenso á superficie do cometa, o 30 de setembro de 2016. Unha selección das últimas imaxes tomadas aparece ao final desta montaxe.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.