Imaxe de cabo Vilán por Daniel Llamas.

Imaxe de cabo Vilán por Daniel Llamas.

Premio internacional para Daniel Llamas por esta foto de Cabo Vilán

Galardoado nos prestixiosos ND Awards na categoría Panoramic, fronte a máis de 7.000 fotos de todo o mundo

Imaxe de cabo Vilán por Daniel Llamas.

Imaxe de cabo Vilán por Daniel Llamas.

O fotógrafo galego Daniel Llamas suma un novo premio á súa exitosa carreira, conseguindo o terceiro posto na categoría Panoramic dos prestixiosos ND Awards, aos que se presentaron máis de sete mil fotos de todo o mundo.

A imaxe galardoada leva por título “Contemplando el hogar” e foi realizada no Cabo Vilán de Camariñas, nun dos tramos máis abruptos e salvaxes deste litoral. No centro da imaxe aparece retratada a fareira do Vilán, Cristina Fernández. “A diferenza da maior parte das miñas fotos, a protagonista non é a Vía Láctea nin o faro. É Cristina. Ela é o mensaxe da foto, o seu espírito e o que representa o faro como fogar para ela”, explica Daniel Llamas sobre esta espectacular imaxe nocturna.

A protagonista da foto é a fareira do Vilán, Cristina Fernández

Como en outras ocasións, a dificultade técnica da fotografía pon aínda máis en valor o traballo de Llamas. “A linterna do faro, a limitación da composición ao haber só un lugar onde poder realizar a foto, debido ao terreo escarpado, o vento, a meteoroloxía, os visitantes nocturnos con linterna, os focos do edificio do faro, os coches e  as autocaravanas…”, conta Daniel. Ante todo isto, Daniel tivo que achegarse en catro ocasións ata o cabo, percorrendo un total de 800 quilómetros entre ida e volta. “Máis de 12 horas no coche, 16 horas no cabo e outras tantas de procesado”, conta.

O astrofotógrafo galego xa recibiu hai uns meses unha mención de honra no concurso The World At Night grazas a unha foto do cabo Fisterra. E con esta imaxe de Cabo Vilán resultou gañador absoluto do certame MEDCLIC Oceans Photo Contest, impulsado pola Obra Social La Caixa e o Sistema de Observación e Predición das Illes Balears (SOCIB), con motivo do Día Mundial dos Océanos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.