Jeffrey C. Hall, Michael Rosbash e Michael W. Young.

Jeffrey C. Hall, Michael Rosbash e Michael W. Young.

O Nobel de Medicina, para os descubridores dos mecanismos do ‘reloxo biolóxico’

Hall, Rosbash e Young demostraron como as plantas, os animais e os seres humanos adaptan a súa actividade ao xiro da Terra

Jeffrey C. Hall, Michael Rosbash e Michael W. Young.

Jeffrey C. Hall, Michael Rosbash e Michael W. Young.

No século XVIII, o astrónomo Jean Jacques d’Ortous de Mairan reparou que as follas da mimosa estaban abertas durante o día e pechadas pola noite. Veulle a curiosidade e imaxinou que acontecería se a planta estivese en permanente escuridade. Illouna da luz solar e descubriu que, a pesar disto, a planta era quen de diferenciar cando era de día e cando era de noite, como se tivera un reloxo interno.

Foi un dos primeiros achados que evidenciaban a existencia dun reloxo biolóxico nos seres vivos. Moitos investigadores afondaron máis tarde no asunto. E no ano 1984, os científicos estadounidenses Jeffrey Hall, Michael Rosbash e Michael Young conseguir illar o xen que regulaba este reloxo, tamén denominado ritmo circadiano, na mosca da froita. Máis tarde amosaron que este xen codifica unha proteína que se acumula durante a noite e se degrada polo día.

Pouco a pouco foron atopando outras pezas desta engranaxe, ata desentrañar un complexo mecanismo molecular que se manifesta en moitos seres vivos, desde vexetais ata os seres humanos. Este ritmo circadiano regula numerosas funcións, como o comportamento, os niveis hormonais, o sono, a temperatura do corpo ou o metabolismo, e manifesta a súa importancia en fenómenos como o jet lag.

Este luns 2 de outubro, o Karolinska Instutet, organismo encargado de fallar o prestixioso galardón, recoñeceu o traballo destes tres científicos co Nobel de Medicina e Fisioloxía 2017.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.