Weiss, Thorne e Barish, inspiradores e impulsores do detector LIGO.

Weiss, Thorne e Barish, inspiradores e impulsores do detector LIGO.

Nobel de Física 2017 para os cazadores das ondas gravitacionais

Weiss, Barish e Thorne son os creadores do detector LIGO que atopou as ondas o 14 de setembro de 2015

Weiss, Thorne e Barish, inspiradores e impulsores do detector LIGO.

Weiss, Thorne e Barish, inspiradores e impulsores do detector LIGO.

A Real Academia Sueca das Ciencias anunciou hoxe que o Premio Nobel de Física deste ano recaeu nos estadounidenses Rainer Weiss, Barry C. Barish e Kip S. Thorne “polas súas contribucións decisivas ao detector LIGO e a observación das ondas gravitacionais”. Estas ondulacións no tecido do espazo-tempo, preditas por Einstein na súa teoría da relatividade, abren unha nova vía para investigar o universo.

Este ano xa recibiran o Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica, e hoxe son os gañadores do Premio Nobel de Física 2017: os físicos estadounidenses Rainer Weiss, Barry C. Barish e Kip S. Thorne.

A Real Academia Sueca da Ciencias deuno a coñecer hoxe, concedendo a metade do premio a Weiss e a outra metade compartida entre Barish e Thorne, “polas súas contribucións decisivas ao detector LIGO, en EE UU, e a observación das ondas gravitacionais”.

Barish foi quen fundou a iniciativa LIGO para levar a práctica o experimento de detección

Estas ondulacións do tecido do espazo-tempo, preditas por Albert Einstein fai cen anos, observáronse por primeira vez o 14 de setembro de 2015. Procedían da colisión de dous buracos negros e tardaron 1.300 millóns de anos en chegar ao detector LIGO.

O sinal destas ondas é extremadamente débil cando chegou ao noso planeta, pero supoñen toda unha revolución en astrofísica. Constitúen unha forma completamente nova de observar os eventos máis violentos do espazo e explorar dunha forma diferente o noso universo.

Weiss e Thorne, xunto ao investigador Ronald Drever (falecido en marzo de 2017) foron os que, nos anos oitenta, propuxeron a construción para a detección de ondas gravitacionales. Este observatorio estivo dirixido entre 1997 e 2006 polo terceiro galardoado, Barish, que impulsou a fundación en 1997 da colaboración científica LIGO, na que se integraron investigadores de universidades e institucións de todo o mundo, incluído un equipo español: o Grupo de Relatividade e Gravitación da Universidade das Illas Baleares.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.