‘New Horizons’ alcanza o último mundo descoñecido

Este martes 14 de xullo, ás 13:49 h (hora peninsular española), a sonda espacial New Horizons da NASA realizou o seu máximo achegamento a Plutón, do que se mantén a uns 12.500 quilómetros de distancia. A nave pasou a unha velocidade de 49.600 quilómetros por hora tomando datos cos seus sete instrumentos científicos. A visita ao xélido planeta anano culmina a exploración inicial do noso sistema solar, xa que se trata do último mundo descoñecido. Ademais, a NASA lanzou unha aplicación que permitirá coñecer os detalles da exploración de Plutón por New Horizons. Está dispoñible para Mac e Windows en eyes.jpl.nasa.gov A aplicación permitirá recibir imaxes, foto a foto, do que vai vendo a sonda espacial tanto en Plutón coma na súa maior lúa: Caronte. Foto: Recreación NASA.

Este martes 14 de xullo, ás 13:49 h (hora peninsular española), a sonda espacial New Horizons da NASA realizou o seu máximo achegamento a Plutón, do que se mantén a uns 12.500 quilómetros de distancia. A nave pasou a unha velocidade de 49.600 quilómetros por hora tomando datos cos seus sete instrumentos científicos. A visita ao xélido planeta anano culmina a exploración inicial do noso sistema solar, xa que se trata do último mundo descoñecido. Ademais, a NASA lanzou unha aplicación que permitirá coñecer os detalles da exploración de Plutón por New Horizons. Está dispoñible para Mac e Windows en [eyes.jpl.nasa.gov] A aplicación permitirá recibir imaxes, foto a foto, do que vai vendo a sonda espacial tanto en Plutón coma na súa maior lúa: Caronte. Foto: Recreación NASA da chegada de New Horizons.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.