CEMENTERIO LUGO 1

National Geographic elixe o cemiterio de Lugo entre os máis bonitos do mundo

A prestixiosa institución científica loa "a beleza das antigas construcións funerarias" deste camposanto

CEMENTERIO LUGO 1

O cemiterio municipal de San Froilán, en Lugo, foi incluído por National Geographic na lista de camposantos máis bonitos do mundo. A distinción provocou “satisfacción” entre o goberno local, porque “servirá para reforzar o número de visitantes”.

National Geographic gaba ao camposanto lucense “pola beleza das súas antigas construcións funerarias”, entre as que destaca o ” mausoleo neogótico do século XIX deseñado polo arquitecto lucense Cobreros“, que está situado na entrada do cemiterio.

Ademais, lembrou, tamén fai referencia “á mestura de estilos” desta necrópole, que foi recoñecida “en 2015 como o cemiterio co mellor monumento funerario de España e este ano como o “camposanto con mellores actividades de portas abertas”.O de Lugo comparte lista con cemiterios de Madrid, Asturias, A Coruña, Cantabria, Praga, París ou Edimburgo.

En declaracións aos medios de comunicación, a concelleira de Cidadanía, Rosana Rielo, destacou a importancia de que National Geographic recomende a visita ao cemiterio de Lugo, porque se trata dunha “das organizacións internacionais máis grandes, a nivel mundial, sobre educación e ciencia“, ademais de editar “contidos sobre xeografía, ciencia, historia, cultura, eventos actuais e fotografía”.

CEMENTERIO LUGO 2

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.