Foto: Zoo de San Diego.

Foto: Zoo de San Diego.

Morre Nola: só quedan 3 rinocerontes brancos do norte

Foto: Zoo de San Diego.

Foto: Zoo de San Diego.

Nola, un dos catro rinocerontes brancos do norte que quedaban no mundo, morreu esta fin de semana aos 41 anos no Zoo de San Diego, nos Estados Unidos, segundo informou a institución zoolóxica norteamericana. O equipo veterinario do parque tivo que practicarlle a eutanasia debido ás complicacións derivadas dunha infección bacteriana, sumadas aos problemas de saúde relacionados coa súa idade, que facían imposible a súa recuperación.

“Nola deixa un legado que os seus coidadores e o persoal a cargo dos animais esperan continuar, co obxectivo de axudar á conservación do rinoceronte nos vindieros anos”, explica a nota de prensa.

Tras a morte de Nola, só quedan 3 exemplares de rinoceronte branco do norte, dúas femias e un macho, custodiados permanentemente por gardas armados no parque natural de Ol Pejeta (Kenia). En outubro de 2014, este parque naturaI tiña que lamentar a perda de Suni, por causas naturais, un dos últimos machos reprodutores e non se coñece a ningún que sobrevivise no medio silvestre. A fertilización en vitro, quizá cunha femia de rinoceronte branco do sur, é segundo os veterinarios a única posibilidade para a continuación da especie.

O rinoceronte branco do norte é unha subespecie do rinoceronte branco, que adoitaba habitar en partes de Uganda, Chad, Sudán, a República Centroafricana e a República Democrática do Congo. Os anos da caza furtiva xeneralizada e a guerra civil no seu fogar devastaron as poboacións deste animal, considerado extinto en estado salvaxe.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.