Morre Duches, a tigresa do zoo de Vigo

Duches, a tigresa que vivía no zoo de Vigo.
Duches, a tigresa que vivía no zoo de Vigo.

Duches, a tigresa que vivía no zoo de Vigo.
Duches, a tigresa que vivía no zoo de Vigo.

O equipo veterinario de Vigozoo decidiu aplicar este luns a eutanasia á tigresa Duches, enferma de cancro desde hai meses. A súa saúde deteriorouse nas últimas semanas, chegando a unha situación irreversible. A tigresa fora trasladada hai uns meses ao Hospital Veterinario Universitario Rof Codina de Lugo para extirparlle un tumor na pel. Naquel momento descartouse a metástasis coa realización dun TAC. O cancro non é unha doenza común nos animais salvaxes, pero si pode ser habitual nas feras que, como Duches, proceden de circos, onde é habitual aparear exemplares que poden dar lugar a alteracións xenéticas.
Duches seguiu tratamento de quimioterapia e baixo supervisión dos veterinarios, pero nas últimas semanas comezou a perder peso de xeito paulatino. No últimos dez días, deixou de alimentarse e chegou a pesar un terzo do que correspondería a un exemplar das súas características. Por iso, a súa situación era irreversible. Polo que os técnicos optaron por aplicarlle a eutanasia para evitar sufrimentos innecesarios ao animal. Así mesmo, o Concello informou de que, unha vez explorada, se lle detectou unha úlcera gástrica, que será analizada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.