Un voluntario de Equinac rescata ó golfiño xa morto tras o acoso dos bañistas.

Un voluntario de Equinac rescata ó golfiño xa morto tras o acoso dos bañistas.

Morre unha cría de golfiño acosada polos bañistas

O animal morreu entre o estrés e a asfixia entre os veraneantes que o tocaban e se facían fotos

Un voluntario de Equinac rescata ó golfiño xa morto tras o acoso dos bañistas.

Un voluntario de Equinac rescata ó golfiño xa morto tras o acoso dos bañistas.

A imaxe está a dar a volta ao mundo. E esperta conciencias sobre o trato que se debe dar a animais como os cetáceos cando se atopan en problemas. Un pequeno golfiño morreu a pasada fin de semana nunha praia de Mojácar (Almería), tras ser acosado polos bañistas, que se botaron enriba do animal cando o avistaron varado na area e insistiron en tocalo e facerse fotos con el. O resultado foi a morte desta cría, por mor do estrés e tamén por asfixia, xa que como se pode observar nalgunhas imaxes, os bañistas ao querer acariciar ao golfiño, tapaban as súas vías respiratorias.

A ONG Equinac, que foi a que puido rescatar ó animal despois da súa morte, publicou un comunicado no que explican que acudiron ao varamento tras recibir unha chamada do 112. Só tardaron 15 minutos en chegar á praia, pero o golfiño xa morrera. “O animal estivo sometido aos curiosos que querían fotografalo e tocalo”, explica a organización, que ilustra o caso cunha foto “onde se ve aos nenos tocando ao animal, tapándolle sen querer o espiráculo (orificio por onde respiran) e con este espiráculo mergullado; e isto non é un animal para que os nenos e adultos o acaricien”.

Equinac recorda que os cetáceos “son animais moi susceptibles á tensión, e a súa manipulación, botarse sobre eles ou facerlle fotos e tocalos, cáusalles un shock moi forte que acelera en grande medida un fallo cardiorespiratorio, que foi o que aconteceu”.

O incidente abre unha reflexión sobre as medidas a tomar fronte a un varamento. En Galicia, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), que fai a máis importante labor para o rescate ante varamentos, recorda todos os anos que a medida que hai que tomar nesta situación é chamar ao número de emerxencias 112.

Rapaces tapan o espiráculo do golfiño de Mojácar.

Rapaces tapan o espiráculo do golfiño de Mojácar.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.