Continúa a caza de leóns en Zimbabue tras a morte de 'Cecil'

Cazadores ilegais matan a tiros a Jericho, o león que ocupou o lugar de Cecil como xefe da manda de leóns máis emblemática do Parque Nacional Hwange, en Zimbabue. Unha ONG local, Zimbabue Task Force, informou hoxe de que os cazadores furtivos entraron na reserva natural e abateron a tiros a Jericho, que era irmán de Cecil e que tiña axudado a éste a converterse no macho alfa, na loita que mantivo en 2009 co anterior líder da manda, Mpofu. Todo indicaba que Jericho ía converterse no novo líder. E que a consecuencia podería ser que matase ás crías do seu irmán, para volver aparearse coas femias e garantir a continuidade dos seus propios xenes. Se as novas de Zimbabue se confirman, Jericho tivo un reinado curto, abatido ás 16.00 horas do sábado, xusto un mes despois de que Cecil morrese cazado polo dentista estadounidense  Walter James Palmer.
Cazadores ilegais seguen a matar leóns no Parque Nacional Hwange, en Zimbabue. Unha ONG local, Zimbabue Task Force, informou de que os cazadores furtivos entraron na reserva natural e abateron a tiros a Jericho, que era irmán de Cecil e que tiña axudado a éste a converterse no macho alfa, na loita que mantivo en 2009 co anterior líder da manda, Mpofu. Todo indicaba que Jericho ía converterse no novo líder. E que a consecuencia podería ser que matase ás crías do seu irmán, para volver aparearse coas femias e garantir a continuidade dos seus propios xenes. Se as novas de Zimbabue se confirman, Jericho tivo un reinado curto, pois seica foi abatido, xusto un mes despois de que Cecil morrese cazado polo dentista estadounidense Walter James Palmer. Outras fontes sinalan que o león morto esta fin de semana por disparos de furtivos podería ser outro exemplar distinto a Jericho. O seguro é que as actividades de caza continúan no parque. Na foto, aparecen Jericho (esquerda) e Cecil (dereita), nunha pelexa entre irmáns.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.