Máis de 6.000 hectáreas sen presenza humana. Imaxe: turismo.gal (Xunta de Galicia).

Máis de 6.000 hectáreas sen presenza humana. Imaxe: turismo.gal (Xunta de Galicia).

Montes verdes e antigos onde manda a natureza

Corzos, xabarís, cervos e lobos dominan unha paisaxe que semella estenderse ata o infinito

Máis de 6.000 hectáreas sen presenza humana. Imaxe: turismo.gal (Xunta de Galicia).

Máis de 6.000 hectáreas sen presenza humana. Imaxe: turismo.gal (Xunta de Galicia).

Hai un detalle importante que hai que ter en conta para visitar este lugar: é preciso pedir permiso e seguir só as rutas indicadas. Pero toda precaución paga a pena. Nestas montañas xa redondeadas pola erosión campan especies de toda a cadea trófica, desde pequenos herbívoros ata o lobo, que se move con plena liberdade pola zona. Son, en total, preto de 6.000 hectáreas sen presenza humana.

A vexetación é outro dos elementos cativadores deste lugar: bidueiros, carballos, queiroas e outras especies arbóreas autóctonas cobren de vida os cumios e os vales. Tamén hai espazo para ver vestixios do período glaciar, con restos de morenas.

Sabedes en que espazo natural estamos hoxe? Nesta ligazón poderedes saber máis.

2 respostas a “Montes verdes e antigos onde manda a natureza”

  1. Esto é a Serra de Queixa-Invernadoiro. O cumio rochoso da dereita é Castelo Cerveira cuxo topo xamais foi coberto polos xeos glaciares. A esuwerda a divisoria marca o limite entre a masa de xelo de Serra de Queixa mentras desde onse se quitou a foto é o dominio glaciar de Invernadoiro. Hai algo mais que moreias na zona. Hai inmensos depósitos subglaciares (na foto eses releves planos sobre os que medra a herba son os depósitos de lodgment tiil (till subglaciar) mas potentes de toda Galicia e Norte de Portugal. Nesta zona foi onde se fixeron as primeiras datacións en toda Europa utilizando isótopos cosmoxénicos (21Ne) que permitiron datar por vez primeira o glaciarismo galego.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.