En xaneiro de 2016, as illas Cíes recibiron a calificación ‘Starlight‘, que certifica a calidade dos ceos nocturnos para a observación das estrelas. O arquipélago que garda a ría de Vigo é o único lugar de Galicia con este título, xunto aos altos de Pena Trevinca, no concello de A Veiga. Por esta razón, as Cíes reciben centos de visitantes que, armados coas súas cámaras fotográficas e trípodes, tentan captar as mellores imaxes do firmamento. E esta fin de semana van ter unha oportunidade con premio.
Na noite do sábado 22 de xullo, as Cíes acollen a segunda edición do Maratón Fotográfico Starlight, que contará coa presenza de astrofotógrafos como Fernando Rey Daluz ou o astrofísico Borja Tosar. Na edición de 2016, o certame deixou algunhas espectaculares imaxes dos ceos das Cíes, como estas de David Ibáñez, Ángel Torres, Manolo Lebredo e Gonzalo Corral, galardoados o ano pasado.