Mandíbula de Jebel Irhoud datada en 300.000 anos. Foto: Max Planck Institute.

Mandíbula de Jebel Irhoud datada en 300.000 anos. Foto: Max Planck Institute.

Atopan en Marrocos os restos do primeiro ‘Homo Sapiens’

Os achados na excavación de Jebel datan de hai 300.000 anos, cen mil máis que os de Etiopía, os máis antigos ata agora

Mandíbula de Jebel Irhoud datada en 300.000 anos. Foto: Max Planck Institute.

Mandíbula de Jebel Irhoud datada en 300.000 anos. Foto: Max Planck Institute.

Nunhas covas preto de Marrakech, no sur de Marrocos, vén de aparecer un cráneo que pode cambiar as teorías da evolución da nosa especie. O achado é publicado na revista Nature, acompañado de artigos que suxiren que se trata do máis antigo exemplar de Homo sapiens xamáis atopado. O autor do descubrimento, o paleoantropólogo francés Jean-Jacques Hublin, do Instituto Max Planck, non ten dúbidas: estamos ante Homo sapiens. O asombroso é que teñen 300.000 anos, que son 100.000 máis que os restos máis antigos coñecidos ata o de agora, situados na África oriental (na actual Etiopía) e datados en 200.000 anos.

cover_nature

A publicación de Nature está a provocar unha conmoción no mundo da paleoantropoloxía. Científicos de todo o mundo poñen en dúbida a clasificación como ‘sapiens’, mentres outros defenden que son indubidablemente da nosa especie. O artigo vén apoiado por unha revisión escrita polos antropólogos británicos Chris Stringer e Julia Galway, que afirman categóricamente: “Son os fósiles de Homo sapiens máis antigos”. Ambos os dous son investigadores do Museo de Historia Natural de Londres e sosteñen que o descubrimento vai ‘alumear a evolución da nosa especie”.

Outros investigadores xa manifestaron a súa opinión de que son ‘pre sapiens’ e a disputa terminolóxica está servida. En calquera caso, estamos ante unha desas novas da revista Nature que provocan unha conmoción na comunidade científica.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.