O galego Marcos Rodríguez, premio Cámara de Ouro na categoría de reportaxe

Balea varada en Redonda (Corcubión). Foto: Marcos Rodríguez.
Balea varada en Redonda (Corcubión). Foto: Marcos Rodríguez.
Balea varada en Redonda (Corcubión). Foto: Marcos Rodríguez.
Balea varada en Redonda (Corcubión). Fotos: Marcos Rodríguez.

O fotógrafo carballés Marcos Rodríguez recibiu esta semana en Catania (Italia) o premio Cámara de Ouro, que outorga a Federación Europea de Fotógrafos, na categoría de Reportaxe, grazas a tres imaxes tomadas en Galicia. Dúas delas corresponden ao varamento dunha balea nun coído de Corcubión, mentres que a outra foi tirada na rapa das bestas de Cedeira.

Marcos Rodríguez resultou gañador grazas á suma dos votos que recibiron estas tres imaxes. Cada unha das fotos vótase individualmente, e resulta gañador o autor que recibe unha maior puntuación por tres delas. Impúxose a os outros nove finalistas que chegaron a Catania. O pasado domingo anunciouse o nome do gañador.  O fotógrafo galego xa chegara á final o ano pasado, na que quedara en 5ª e 9ª posición en dúas categorías do certame.

Publicidade

Nos últimos anos, este fotógrafo galego sumou numerosos premios, entre os que destacan o recoñecemento como mellor fotógrafo español do ano en 2016, e a medalla de prata na Copa do Mundo.

Outra toma da balea de Corcubión. Foto: Marcos Rodríguez.
Outra toma da balea de Corcubión. 
A outra imaxe premiada, tomada na rapa das bestas de Cedeira. Foto: Marcos Rodríguez.
A outra imaxe premiada, tomada na rapa das bestas de Cedeira.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.