Marcha pola Ciencia en Madrid, na mañá do sábado.

Marcha pola Ciencia en Madrid, na mañá do sábado.

Os científicos saen á rúa en todo o mundo na Marcha pola Ciencia

Reclaman financiación e rigor aos políticos para respectar as evidencias científicas fronte a fabulacións ideolóxicas

Marcha pola Ciencia en Madrid, na mañá do sábado.

Marcha pola Ciencia en Madrid, na mañá do sábado.

A Marcha pola Ciencia sacou á rúa a científicos de todo o mundo, para reclamar financiamento para a investigación e respecto polas evidencias científicas fronte ao ‘negacionismo’ e as fabulacións que promoven algúns políticos. A mobilización foi convocada nos Estados Unidos, onde unha multitude se reuniu en Whasington e marchou ata o Capitolio, sede do poder lexislativo. A manifestación estadounidense tiña un obxectivo concreto: defender a investigación científica, que consideran ameazada pola administración de Donald Trump.

Marcha pola Ciencia, en Washington. Foto: Riccardo Savi.

Marcha pola Ciencia, en Washington. Foto: Riccardo Savi.

Mobilizacións semellantes tiveron lugar noutras cidades de Estados Unidos, como Nova York, e máis de 600 marchas foron celebradas en todo o mundo, en lugares tan dispares Londres, París, Ghana, e mesmo Nova Zelandia e Australia. “Teñen que entender que os feitos científicos son apolíticos, e escoitar aos seus científicos”, proclamou Rush Holt, presidente da Asociación Estadounidense polo Avance da Ciencia (AAAS), a organización científica máis grande do mundo, con 120.000 membros. Holt explicou o xoves que “os investigadores cada vez danse máis conta de que os feitos científicos son ignorados a miúdo nos debates públicos, e remprazados por opinións e crenzas ideolóxicas”.

En España houbo marchas pola ciencia en Madrid, Valladolid, Sevilla, Barcelona e Girona. En Galicia, non houbo ningunha mobilización, malia que ten tres universidades e numerosos centros de investigación.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.