.

.

O mapa ‘espía’ en Galicia: aquí corren, camiñan, nadan e pedalean os galegos

A 'app' Strava, que desvelou a ubicación de bases militares segredas, amosa os lugares máis concorridos para a práctica deportiva, tamén en Galicia

.

.

A finais do ano 2017, a ‘app’ Strava, utilizada por moitos deportistas para rexistrar os percorridos que fan a pé, en actividades acuáticas ou en bicicleta, publicou un ‘mapa de calor mundialcoa actividade de todos os usuarios rexistrados nesta ferramenta. Unha radiografía moi detallada da poboación mundial, que chamou a atención dos internautas máis curiosos. Así, nos últimos días xurdiron nas redes datos comprometidos sobre algunhas bases militares secretas, nas que os seus habitantes rexistraron tamén en Strava os seus hábitos deportivos. Unha inesperada espía militar que espertou un debate internacional.

En Galicia, os datos non son moi comprometedores, mais non deixan de ser interesantes. As zonas con máis actividade – que se corresponden no mapa de calor coas liñas máis brillantes – amosan os lugares preferidos dos galegos e as galegas para practicar deporte. Pero tamén, poden amosar aos usuarios das pulseiras ou reloxos intelixentes que ás veces levan incorporada esta ‘app mentres realizan outras actividades, mesmo cando están traballando. Así se explican, por exemplo, as altas densidades nas entradas e saídas dos portos. Así, zonas como o paseo marítimo da Coruña, o paseo da praia de Samil en Vigo, a Muralla en Lugo, a Alameda de Santiago ou o paseo do Miño en Ourense aparecen moi destacados neste mapa, cando observamos os percorridos realizados a pé.

Os datos aportados por Strava tamén permiten seleccionar os percorridos realizados a nado e noutras actividades acuáticas, como o piragüismo. Así, a enseada do Orzán, na Coruña, o tramo final do Lérez, en Pontevedra, as Rías Baixas ou o río Miño amosan unha actividade elevada. E, achegando o zoom, tamén é posible localizar as piscinas de cada cidade.

Pero o trazo máis destacado que Strava deixa en Galicia non podía ser outro: o Camiño de Santiago. O Camiño Francés aparece como unha fina liña cunha actividade semellante ás das grandes cidades.

Camiño de Santiago.

Camiño de Santiago.

E aquí podes ver algúns dos outros lugares destacados que se amosan no mapa ‘espía’:

Aquí podes ver o mapa espía de Strava en Galicia.

E aquí, a propia empresa explica como fixo o mapa (en inglés).

Unha resposta a “O mapa ‘espía’ en Galicia: aquí corren, camiñan, nadan e pedalean os galegos”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.