Un elefante no  Parque Nacional Minkébé. Foto: John Poulsen, Universidad de Duke (EE UU)

Un elefante no Parque Nacional Minkébé. Foto: John Poulsen, Universidad de Duke (EE UU)

Máis de 25.000 elefantes asasinados

A revista Current Biology publica un estudo con cifras dramáticas en Gabón en 10 anos pola caza furtiva

Un elefante no Parque Nacional Minkébé. Foto: John Poulsen, Universidad de Duke (EE UU)

Un elefante no Parque Nacional Minkébé. Foto: John Poulsen, Universidad de Duke (EE UU)

Asasinar é un verbo que se aplica normalmente a humanos: un xeito de ‘homicidio’. Pero está admitido para animais cando se quere salientar unha gran crueldade. E iso está a acontecer cos grandes paquidermos. Porque o elefante africano de bosque (Loxodonta cyclotis), que habita unha zona considerada un santuario no país centroafricano de Gabón (o Parque Nacional Minkébé), está acosado polos cazadores furtivos do país fronteirizo Camerún. Máis do 80% desapareceu na última década debido á caza ilegal, segundo informa un estudo da revista Current Biology.

A poboación de elefantes africanos de bosque (Loxodonta cyclotis) en Gabón, unha das reservas máis grandes e importantes de África central, descendeu nuns 25.000 individuos nos últimos dez anos. “Preto da metade dos elefantes de bosque de África Central, estimados en 100.000 exemplares, viven en Gabón. A perda de 25.000 deles neste santuario é un atraso considerable para a preservación da especie”, declarou John Poulsen, da Universidade de Duke (EE UU) e coautor do estudo. “A subespecie entrará en perigo de extinción se os gobernos e os organismos de conservación non actúan con rapidez”, engade.

elefante gabón

Os investigadores calcularon o número de elefantes en 2014 utilizando métodos baseados en mostras de esterco. “Xa non podemos asumir que as grandes e remotas áreas protexidas conservarán ás especies. Os cazadores furtivos van ir a calquera parte onde poidan obter ganancias”, engade Poulsen. Os investigadores explican que non se sorprenderon ao descubrir que o número destes elefantes diminuíra. Pero si se asombraron ao ver a rapidez e a gran perda sufrida en tan só dez anos. Os investigadores tamén avogan por recoñecer aos elefantes de bosque como unha especie distinta dos elefantes da sabana africana. Tal diferenciación está apoiada por evidencias xenéticas e morfológicas, e axudaría a chamar a atención sobre estes elefantes esquecidos.

O artigo completo pode consultarse
na revista Current Biology

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.