A muralla romana de Lugo é Patrimonio Nacional dende 1921, e Patrimonio da Humanidade da Unesco dende o ano 2000. Pero outra data capital na súa historia foi a de 1971, cando se acometeu a chamada ‘Operación Muralla Limpa’, que permitiu retirar ducias de construcións anexas aos muros milenarios. Entre 72 e 80 casas (segundo o cómputo) foron derrubadas e quedaron liberados 1.058 metros lineais, prácticamente a metade do seu perímetro.
A Operación Muralla Limpa tivo un coste elevado para a súa época: gastaron 281 millóns de pesetas, equivalentes a 1,69 millóns de euros.
Publicidade
Para recordar esta acción que devolveu o esplendor ás murallas, a Xunta de Galicia organizou en decembro unha exposición, integrada por fotografías que formaban parte dos fondos inéditos de José Luis Vega Fernández. Organizada polo Arquivo Histórico Provincial, esta selección de imaxes supón unha viaxe no tempo cara unha das accións de defensa do patrimonio histórico máis senlleiras da historia de Galicia.
2 COMENTÁRIOS
Recordo todo esto e ter que colocar alguha antena de radio nos tellados de esas casa , porque habia cafeterias e bares , tamen teño pasado da muralla os tellados
de algun taller adosado a muralla , algun bar tiña a bodega feita na parede da muralla . Esto traeme muitos recuerdos da infancia , son fotos que sempre conservarei
Unhas imaxes elexidas e breves dados precisos, reficten a enorme dimensiòn do traballo acometido hai xa case 50 anos.
Gracias por abrir-nos os ollos con esta intelixente e diďàctica pubkicaciòn