Atopan un verme mariño nunca antes visto

O “Kuphus polythalamia” pode chegar a medir metro e medio e ten forma alongada. Foto: Utah University.

Un equipo de investigadores de universidades estadounidenses e filipinas atoparon recentemente, por primeira vez, un exemplar vivo de Kuphus polythalamia, un molusco cunha curiosa forma que vive dentro dunha cuncha branca alongada. O artigo sobre este achado foi publicado na revista Proceedings of the National Academy of Sciences’ (PNAS).

Este verme mariño, que pode chegar a ter un metro e medio de lonxitude, xa foi descrito no século XVIII, pero ata o de agora non puido ser estudado en profundidade. Si se coñecía a súa cuncha, pero ata o de agora nunca se tivera acceso ao corpo interior do animal.

Publicidade

Entre outras peculiaridades, os científicos descubriron que o Kuphus polythalamia se alimenta dos nutrientes xerados polas bacterias que viven nas súas propias galadas.

Non en tanto, as curiosidades non rematan aí. A especie adoita vivir nos fondos lameiros de lagoas, onde se enterran, lucindo dun xeito semellante ás cenorias nas leiras, segundo informan desde a Utah University, a onde pertencen algúns dos autores do achado. No entorno do seu hábitat adoita haber unha elevada concentración de ácido sulfhídrico, que emite un cheiro similar ao ovo podre. As bacterias das branquias do Kuphus polythalamia captan este ácido e procésano para alimentar ao molusco.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.