ilusión óptica 444

A ilusión óptica das puntas de frecha

O certame The Illusion of the Year, que organiza dende Nova York a neurocientífica galega Susana Martínez-Conde

ilusión óptica 444

Tras das barras paralelas que parecen reviradas, a medalla de bronce á mellor ilusión óptica do ano foi para ‘Dynamic Müller-Lyer Illusion‘. Trátase dunha revisión das clásicas puntas de frecha de 1889, desenvolvida polo artista visual italiano Gianni Saccone. O italiano demostrou que as liñas parecen crecer ou decrecer cando as puntas da frecha miran nunha dirección ou outra.

Con todo, estas frechas son fixas, polo que teñen o mesmo tamaño en todo momento. Por tanto, o único que se move na ilusión óptica son as puntas de frecha que aparecen nela.

A neurocientífica Susana Martínez-Conde, é a responsable de certificar a nivel mundial as mellores ilusións ópticas do ano. Directora do Laboratorio de Neurociencia Integrativa na Universidade do Estado de Nova York, esta galega organiza cada ano un concurso que premia as mellores ilusións visuais. Trátase de algo divertido, pero tamén dun obxecto de estudo para os neurocientíficos. E as máis interesantes son premiadas no The Illusion of the Year Contest, organizado por Martínez Conde.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.