Foto: NASA.

Foto: NASA.

As illas do Caribe xa non son verdes tras o paso do furacán Irma

As imaxes dun satélite da NASA amosan como a vexetación foi totalmente arrasada polo ciclón

Foto: NASA.

Foto: NASA.

O furacán Irma atravesou o Océano Atlántico este setembro de 2017, arrasando varias illas do Caribe, antes de pasar aos Florida Keys e ao continente dos Estados Unidos. A medida que as nubes se afastaban de lugares como as Illas Virxes, a destrución fíxose evidente mesmo desde o espazo.

Estas imaxes de cor natural, capturadas polo Operational Land Imager do satélite Landsat 8 mostran algúns dos efectos de Irma nas Illas Virxes británicas e americanas. As fotografías foron tomadas o 25 de agosto e o 10 de setembro de 2017, antes e despois de que pasase a tormenta. Atópanse entre as poucas imaxes de satétiles relativamente libres de nubes da zona, ata o momento.

O cambio máis obvio é o marrón xeneralizado da paisaxe. Hai unha serie de posibles razóns para iso. A exuberante vexetación tropical pode desaparecer polos fortes ventos da tormenta, deixando ao satélite con vistas a un terreo máis espido. Ademais, a salina azoutada polo furacán pode cubrir e desecar as follas mentres están aínda nas árbores. Irma pasou as Illas Virxes máis setentrionais na tarde do 6 de setembro. Nese momento, tiña categoría 5, con ventos de ata 295 quilómetros por hora.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.