Unha illa do tamaño da Coruña, o lugar con máis lixo do mundo

As costas de Henderson cheas de lixo.
Foto: PNAS.
As costas de Henderson cheas de lixo. Foto: PNAS.
As costas de Henderson cheas de lixo. Foto: PNSA.
As costas de Henderson cheas de lixo.
Foto: PNAS.

A illa Henderson, situada no medio do Pacífico, é o lugar con máis lixo do mundo. Acumula xa 18 millóns de toneladas de lixo nos seus 37 quilómetros cadrados (un tamaño semellante ao municipio da Coruña). É dicir, 671 residuos por metro cadrado nas zonas con maior densidade. Así o demostra un estudo publicado na revista PNAS, asinado polos investigadores Jennifer L. Lavers e Alexandre L. Bond

A situación xeográfica da illa, deshabitada, e ubicada no chamado Xiro do Pacífico Sur, o remuíño xigante onde se acumulan refugallos transportados polas correntes mariñas, daría explicación a elevada acumulación de lixo nas súas costas, aínda que se atopa a milleiros de quilómetros das costas de Oceanía e América.

Publicidade

Con todo, a cantidade de lixo que se acumulou na Illa Henderson podería ser aínda maior. Os científicos só exploraron ata unha profudidade de dez centímetros na area. Nas zonas dos cantís, o acceso é máis complicado e os residuos demasiado pequenos como para ser contabilizados ao detalle.

“O que sucedeu na illa de Henderson demostra que non hai escape da contaminación plástica, incluso nas partes máis distantes dos nosos océanos”, explica a investigadora Jennifer L. Lavers. Advirte que o 25% das especies mariñas e algunhas aves comen plástico nalgún momento e “se alguén come peixe contaminado con estes restos, en realidade está a comer o seu propio lixo” conclúe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.