O gorila Pikin e o seu rescatador, Appolinaire . Foto: Jo-Anne McArthur.

O gorila Pikin e o seu rescatador, Appolinaire . Foto: Jo-Anne McArthur.

O tenro rescate dun gorila, premio do público á mellor foto de natureza do ano

O Wildlife Photographer of the Year, certame organizado polo Museo de Historia Natural de Londres, premio a imaxe da fotógrafa Jo-Anne McArthur

O gorila Pikin e o seu rescatador, Appolinaire . Foto: Jo-Anne McArthur.

O gorila Pikin e o seu rescatador, Appolinaire . Foto: Jo-Anne McArthur.

A fotógrafa canadiana Jo-Anne McArthur estaba en Camerún cubrindo a captura e traslado dun grupo de gorilas a un dos santuarios animais da zona, onde están a salvo dos cazadores furtivos.  Para capturalos, os rescatadores da organización Ape Action Africa adoitan sedalos, co fin de que a operación sexa máis doada. Pero o gorila Pikin despertouse no camiño. “Afortunadamente, non se inquietou moito e permaneciu calmado nos brazos do seu cuidador, Appolinaire Ndohoudou, ata a final da viaxe”, narrou a fotógrafa.

A imaxe foi escollida como gañadora do premio do público do Wildlife Photographer of the Year, un concurso internacional organizado polo Museo de Historia Natural de Londres, ao que se presentaron máis de 50.000 instantáneas. En outubro deuse a coñecer a decisión do xurado, que escolleu unha dura fotografía de Brent Stirton dun rinoceronte mutilado en Sudáfrica. 

Do mesmo xeito que o gorila Pikin – conta a organización do certame – Appolinaire tamén tivo que deixar o seu fogar en Chad por causa dunha guerra civil. Comezou de novo a súa vida en Camerún protexendo aos animais salvaxes masacrados pola caza furtiva.

Esta especie de gorila das terras baixas está en grave perigo de extinción, e os bebés, como o caso de Pikin, adoitan quedar orfos porque as súas nais son asasinadas. Quedan nunha situación complicada na natureza, polo que é habitual que morran ou sexan tamén capturados para ser vendidos como mascotas.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.