Foto: NASA.

Foto: NASA.

Galicia de noite, polo astronauta Scott Kelly

Foto: NASA.

Foto: NASA.

Scott Kelly, o astronauta estadounidense que leva xa 249 días no espazo, deleitounos anterioremente con espectaculares imaxes de todo o mundo desde a Estación Espacial Internacional. O pasado martes, ademais, sorprendeu cunha foto nocturna da Península Ibérica. En primeiro termo, observamos Galicia, onde as luces nocturnas revelan as zonas máis poboadas. Destaca especialmente o Golfo Ártabro, co núcleo formado A Coruña e Ferrol, xunto a totalidade das Rías Baixas con especial brillo na zona de Vigo. A estela brillante segue a ruta da autopista AP-9, o que tamén leva a conclusións sobre a organización territorial de Galicia e a distribución da poboación.

Ademais, vemos Ourense e Lugo como os puntos máis iluminados do interior. En Portugal, destacan as grandes áreas de Lisboa e Porto. Madrid e Sevilla tamén son moi visibles nesta foto, unha das máis espectaculares da península Ibérica que se teñan tirado de noite dende a Estación Espacial Internacional.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.