'Habitación con vistas', a fotografía de Julio Castro que recibiu a Medalla de ouro no Trierenberg Super Circuit.

'Habitación con vistas', a fotografía de Julio Castro que recibiu a Medalla de ouro no Trierenberg Super Circuit.

Esta é a foto dun galego que foi premiada nos ‘Oscar da fotografía’

Julio Castro recibiu unha das medallas de ouro no Trierenberg Super Circuit grazas a unha imaxe tomada no lago Moraine

'Habitación con vistas', a fotografía de Julio Castro que recibiu a Medalla de ouro no Trierenberg Super Circuit.

‘Habitación con vistas’, a fotografía de Julio Castro que recibiu a Medalla de ouro no Trierenberg Super Circuit.

O fotógrafo coruñés Julio Castro volve conseguir un recoñecemento internacional por unha fotografía súa. Desta vez, recibiu a medalla de ouro na categoría de Montaña no Trierenberg Super Circuit, un dos concursos máis importantes do mundo, “ao que algúns chaman os ‘Oscar da fotografía‘”, destaca Julio.

A imaxe, titulada ‘Habitación con vistas’, foi tomada durante unha viaxe por Canadá, á beira do lago Moraine, un lago glacial situado no Parque Nacional Banff, en Alberta. “Desde que comecei no mundo da fotografía o meu gran soño foi gañar unha medalla de ouro neste concurso, e conseguino”, di Julio, que compartiu recoñecemento “con algúns dos meus fotógrafos referentes, como Simon Roppel”. Ademais, destaca que “participaron grandísimos fotógrafos que non conseguiron premio”, dado o alto nivel dos traballos presentados e a cantidade de imaxes que participaron (arredor de 30.000). Alén da medalla de ouro, o coruñés conseguiu situar varias fotografías máis entre as finalistas dos diversos salóns nos que se valoraron as imaxes presentadas.

Julio Castro recibirá o seu premio en outubro na cidade de Linz, en Austria. Este galardón supón un novo recoñecemento, despois dos que recibiu por fotografías da Vía Láctea sobre os lagos de Covadonga, o faro de Brantuas, en Ponteceso, Punta Nariga, en Malpica, ou Vilán, en Camariñas.

2 respostas a “Esta é a foto dun galego que foi premiada nos ‘Oscar da fotografía’”

  1. Licesia Estévez Paradelo

    Me siento muy orgullosa y te felicito por tu importante Premio que ganaste, orgullosa de ser paisana(gallega de Ourense) mi hijo el.mayor ( Rubén ) también fue premiado en Argentina, donde vivimos, por una fotografía sacada en blanco y negro. LUIS: que este premio te llene de felicidad junto a tus seres queridos. Todo mi cariño!!!

  2. Como gallega Viguesa me honra que un gallego Coruñes haya conseguido tan distinguido premio. Es una preciosidad la foto. Yo soy una “amante” de las puestas de sol y en general de la fotografía. Te enviaré algunas mías. Tengo que decirte que los CASTRO descendientes de Inés de Castro, figurais en el libro de mi esposo Alfonso Philippot Abeledo y sois una rama colateral de Cristóbal Colón. En Coruña todos los Bermúdez de Castro lo tienen debió ser la 3a. Edición ya tenemos agotada la 5a. pues los pocos que guardamos son para compromisos y alguno que lo quiere, pues no servimos ya a librerías por agotarse. Reitero mi más cordial enhorabuena por tu trabajo. Un abrazo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.