Xoves 5 Marzo 2026

A Biblioteca Nacional dixitaliza as fotos da Guerra Civil en Galicia

Visita de Franco e Serrano Suñer a Santiago e o mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Visita de Franco e Serrano Suñer a Santiago e o mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Máis de 11.000 fotografías tomadas durante a Guerra Civil española, entre 1936 e 1939, están xa dispoñibles en internet grazas á dixitalización do arquivo da Biblioteca Nacional Española. A pasada semana, a institución anunciou que poñía a disposición do público estes milleiros de imaxe, que ilustran a narrativa bélica de ambos bandos.

Nestas fotografías da guerra, centos delas recollen escenas que tiveron lugar en Galicia. Ao triunfar rapidamente o golpe de Estado franquista, a maioría de imaxes recollen actos de apoio ao bando nacional, nos que é frecuente a simboloxía fascista e o apoio ao réxime nazi. As obras retratan as visitas dos altos cargos do bando golpista a vilas como Santiago, A Coruña ou Ferrol, desfiles de homenaxe á Falange e escenas da vida cotiá.

Publicidade

Nesta galería podes ver algunhas delas:

Nesta ligazón podes consultar o arquivo da Biblioteca Nacional, introducindo no buscador as palabras “Guerra Civil Galicia”.

 

 

1 comentario

  1. Cuánto dolor, tendríamos tanto que aprender .Soy Argentina,nieta de gallegos por parte de padre y madre.Mis abuelos ya se habían venido para acá.Pero recuerdo que los familiares venían a Argentina.Mi mayor respeto para ambos .A no olvidar jamás que somos hermanos.Viva España Viva Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país

A extraordinaria imaxe dun cúmulo de estrelas capturada dende Ribadeo

O afeccionado á astronomía Hugo García retratou As Pléiades tras dúas horas de exposición cun pequeno telescopio fotográfico

O segredo detrás da espectacular imaxe dun triplo raio verde sobre as Sisargas e a Torre de Hércules

O fotógrafo David Couce conseguiu capturar este fenómeno óptico, visible só en seis días concretos do outono e a primavera dende esta perspectiva

Catro flamengos aterran na ría de Vigo

As aves elixiron as Salinas do Ulló (Vilaboa) para beber auga, sen saber que estaban a ser fotografadas