Rinoceronte mutilado no Parque Hluhluwe Imfolozi , en Sudáfrica. Foto: Brent Stirton.

Rinoceronte mutilado no Parque Hluhluwe Imfolozi , en Sudáfrica. Foto: Brent Stirton.

As impactantes fotos gañadoras do Wildlife Photographer of the Year

A imaxe dun rinoceronte co corno arrincado foi a premiada na categoría xeral, ademais das galardoadas nas outras categorías

Rinoceronte mutilado no Parque Hluhluwe Imfolozi , en Sudáfrica. Foto: Brent Stirton.

Rinoceronte mutilado no Parque Hluhluwe Imfolozi , en Sudáfrica. Foto: Brent Stirton.

A descorazonadora imaxe dun rinoceronte morto tras sufrir a mutilación do seu corno é a gañadora absoluta deste ano no certame Wildlife Photographer of the Year, organizado polo Museo de Historia Natural de Londres. O fotógrafo sudafricano Brent Stinton realizou unha ampla reportaxe sobre o tráfico de cornos, utilizado de xeito masivo en Asia polas súas supostas propiedades curativas.

Ademais desta triste instantánea, o concurso recoñeceu o traballo doutros fotógrafos en diferentes categorías, coas fotos que podes ver a continuación:

Fotógrafo xoven (14-17 anos). Daniel Nelson. “A boa vida”

“A boa vida”. Imaxe: Daniel Nelson.

O mozo holandés Daniel Nelson retratou a este gorila de nove anos no parque nacional Odzala-Kokoua, no Congo.

Fotógrafa xoven (11-14 anos). “Atrapado”. Ashleigh Scully

“Atrapado”. Imaxe: Ashleigh Scully.

Un raposo escava na neve no parque nacional de Yellowstone, nos Estados Unidos.

Menores de 10 anos. “Atrapados polas gaivotas”. Ekaterina Bee.

“Atrapados polas gaivotas”. Imaxe: Ekaterina Bee.

Unha nena italiana de cinco anos, Ekaterina Bee, tomou esta fotografía dn Nord-Trondelag (Noruega).

Animais. Marcio Cabral. “O asaltante nocturno”.

“O asaltante nocturno”. Foto: Marcio Cabral.

No parque nacional de Emas, no estado brasileiro de Goiás, un oso formigueiro achégase a un termiteiro onde se pousan vagalumes.

Retratos. “Contemplación”, de Peter Delaney.

“Contemplación”. Foto: Peter Delaney.

Un chimpancé xace tumbado tras intentar seducir, sen éxito, a unha femia no parque nacional Kibale, en Uganda.

Anfibios e reptís. “O ritual ancestral”, de Brian Skerry.

“O ritual ancestral”. Foto: Brian Skerry.

Unha tartaruga de coiro regresa ao mar tras poñer os seus ovos na praia, nas Islas Virxes (Estados Unidos).

Aves. “O paxaro incubador”, de “Gerry Pearce.

“O paxaro incubador”. Imaxe: Gerry Pearce.

Un pavo de matogueira (Alectura lathami) enterra os seus ovos baixo a vexetación, no parque nacional Garigal, ao suroeste de Australia.

Invertebrados. “A sorpresa dos centolos”. Justin Gilligan.

“A sorpresa dos centolos”. Foto: Justin Gilligan.

Centos de centolos responden ao intento de depredación dun polbo nas augas da costa de Tasmania, ao sur de Australia.

Mamíferos. “Reunión de xigantes”. Tony Wu.

“Reunión de xigantes”. Foto: Tony Wu.

Un grupo de cachalotes nada en augas de Sri Lanka.

Plantas e fungos. “Tapiz de vida”. Dorin Bofan.

“Tapiz de vida”. Foto: Dorin Bofan.

Nos fiordos das illas Lofoten, en Noruega, os bidueiros medran nas abas das montañas, salpicando o paisaxe cunha cor dourada.

Baixo o mar. “A medusa xinete”. Anthony Berberian.

“A medusa xinete”. Foto: Anthony Berberian.

Unha larva de lagosta atrapa unha medusa morta nas augas de Tahití, na Polinesia Francesa.

Terra. “O monstro de xeo”. Laurent Ballesta.

“O monstro de xeo”. Foto: Laurent Ballesta.

Un grupo de submarinistas estuda a parte mergullada dun iceberg na Antártida.

Blanco e negro. “Paso a dous polar”. Elio Elvinger.

“Paso a dous polar”. Foto: Elio Elvinger.

Dous osos polares camiñan pola illa de Svalbard, en Noruega.

Fotoxornalismo. “Sobreviventes ao aceite de palma”. Aaron Gekoski.

“Sobreviventes ao aceite de palma”. Foto: Aaron Gekoski.

Unha familia de elefantes asiáticos camiña pola selva de Borneo, deforestada a causa da extracción do aceite de palma.

Reportaxe: “Reino das Seychelles”. Thomas P. Peschak

“Reino das Seychelles”. Foto: Thomas P Peschak.

Unha serie de fotos sobre a flora e a fauna das illas Seychelles valeulle o galardón ao fotógrafo germano-sudafricano.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.