Formigas podadoras: a división das castas

Formigas podadoras
Formigas cortadoras de follas nun bosque tropical de Costa Rica, durante a noite. A imaxe capta en detalle catro castas facendo as súas tarefas asignadas: as obreiras que fan os cortes nas follas, as portadoras que levan os pedazos de follas de volta ao niño, os pequenos observadores que vixían ás moscas parasitarias e os grandes soldados de garda, todo en perfecto detalle e contraste. A imaxe foi tomada por Bence Máté (Hungría) e gañou en 2010 o afamado Wildlife Photo of the Year. Hoxe forma parte do libro “50 years of Wildlife Photographer of the Year”, que este mes de setembro vén de publicar o National History Museum de Londres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.