Foca 'Fisterra'

‘Fisterra’ xa viaxa cara o Gran Sol

Foca 'Fisterra'

‘Fisterra’ xa viaxa rumbo ó Gran Sol, onde será liberado tras mes e medio recuperándose en Galicia. Este cachorro de lobo mariño apareceu na praia de Mar de Fora, en Fisterra, o pasado 5 de decembro con claros síntomas de desnutrición, baixo nivel de graxas, bronconeumonía e parasitos por todo o seu corpo. Tan só tiña 3 meses e pesaba 13 kg. Desde entón estivo baixo o coidado dos especialistas da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), con grande experiencia nesta materia. Os seus primeiros días en Galicia estivo ingresado na unidade de coidados intensivos de Ferrol, nas instalacións da Sociedade Galega de Historia Natural. Un mes e medio despois, ‘Fisterra’ xa pesa 25 quilos e está totalmente recuperado. Por iso, este luns xa emprendeu a súa viaxe a bordo do palangreiro de Celeiro ‘Rodríguez Parapar’ para volver ó seu hábitat natural, no Gran Sol. Ata o barco foi levado nunha cesta de vimbio especialmente deseñada polo señor José, cesteiro de Vigo.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.