PIA19048

Expectación mundial ante unha ‘nova soprendente’ na lúa Europa

A NASA anuncia un achado do telescopio Hubble, que ten detectado 'algo sorprendente' no satélite de Xúpiter candidato a acoller vida

PIA19048

Algo pasa no satélite Europa do planeta Xúpiter. O anuncio da propia NASA dun descubrimento ‘sorprendente‘ ten espertado máxima expectación. Pero as certezas non chegarán ata a rolda de prensa que a axencia espacial ten programada para este luns para as 2 p.m, hora do Leste dos Estados Unidos, que serán as 8 da tarde en España.

A NASA convocou a todos os medios a unha rolda de prensa na que se “presentarán novos descubrimentos realizados a partir de imaxes de Europa, a lúa xeada de Xúpiter, capturadas polo telescopio espacial Hubble”.

O único que adiantou a axencia espacial é que os astrónomos presentarán uns resultados que amosan “sorprendente evidencia de actividade que podería estar relacionada coa presenza dun océano baixo a superficie de Europa”, explicou a NASA nun comunicado. Á rolda de prensa acudirán astrofísicos relacionados co Hubble e o estudo dos ambientes dos planetas.

A lúa Europa é a gran candidata a acoller vida fóra da Terra no Sistema Solar

Europa é o mellor candidato para atopar vida fóra da Terra no Sistema Solar. Este satélite saltou á fama cando se empezou a sospeitar que baixo da súa superficie conxelada hai un océano de auga líquida e salgada. E, o que é máis importante, moitos científicos cren que no seu interior podería haber condicións axeitadas para o desenvolvemento da vida con abundancia de carbono, nitróxeno, fósforo e xofre.

As dúbidas chegan porque non é seguro que Europa teña actividade hidrotermal que garanta o alimento e a calor que precisarían os microorganismos. E tampouco hai certezas sobre que poida pasar a luz ata o interior deste presunto océano.

O que si semella certo é que no satélite Europa hai máis auga líquida que en todos os océanos da Terra xuntos. E a auga é clave para a existencia de vida. Así que todas as especulacións están presentes ata que a NASA desvele o seu descubrimento este luns. Á espera das novas, a única certeza é que a axencia espacial ten conseguido o seu obxectivo de espertar interese mundial ante o seu misterioso achado.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.