Un dos cadros da mostra que se poderá ver no claustro de Fonseca. Imaxe: Duvi.

Un dos cadros da mostra que se poderá ver no claustro de Fonseca. Imaxe: Duvi.

Exoplanetas feitos con materiais de refugallo

O Claustro de Fonseca, en Compostela, acolle unha exposición artística no marco do congreso Road to the Stars

Exoplanetas á vista é unha obra realizada con técnica mixta, incluíndo tapas metálicas, coiro, pedras e vidros, así como pinturas acrílicas e vernices. Astro-bluejeans&things, pola súa banda, presenta varias prendas de tecido vaqueiro modernizadas con deseños astronómicos pintados a man. No caso de Os soños da Vía Láctea, unha mesa de noite restaurouse pintándoa a man. Estas son tres da ducia de obras que integran a exposición “astronómicoartística” Astrovaqueiros&cousas.

A astrofísica da UVigo Ana Ulla é a comisaria da exposición. Imaxe: Duvi.

A astrofísica da UVigo Ana Ulla é a comisaria da exposición. Imaxe: Duvi.

Unha nova vida astronómica para vellos vaqueiros: o Universo debuxado e pintado aquí na Terra, un planeta que recicla, que desde o luns 18 de setembro acolle o claustro do Colexio de Fonseca en Santiago de Compostela. A astrofísica da Universidade de Vigo Ana Ulla é a comisaria desta mostra que, xunto a outras exposicións, se desenvolverá en paralelo á celebración do congreso internacional Road to the Stars, que reunirá na capital de Galicia durante cinco días a máis dun cento de investigadoras e investigadores en astronomía, que analizarán a visión do ceo en diferentes culturas e sociedades desde a Prehistoria ata a actualidade. No evento, no que coinciden por primeira vez as sociedades europeas, as Oxford, así como artistas e investigadores de artes e astronomía, presentaranse comunicacións orais e pósters cos resultados de investigacións agrupadas en cinco bloques temáticos: Paisaxe e ceo; Astronomía antiga; Antropoloxía do ceo; De Roma a Santiago; Educación e patrimonio e A inspiración do ceo.

O programa de Road to the Stars, que promove o Consejo Superior de Investigaciones Científicas, a Universidade de Santiago e o Instituto de Astrofísica de Canarias, complétase coa mostra artística que se desenvolverá no Colexio de Fonseca, cunha sesión das denominadas Nerd Nite no Café Casino e unha observación astronómica da cidade de Santiago. “É importantísimo, pola temática que aborda, pola relevancia internacional que ten, polo ben organizado que está, por incluír tantas actividades tan diversas no programa e pola proxección internacional que da das e dos investigadores españois que participamos nel”, sinala Ana Ulla, que ademais de comisariar a exposición Astrovaqueiros&cousas, participará no congreso cun relatorio sobre o universo oculto nas cantigas de Galicia, así como na Nerd Nite cunha intervención titulada 55 Cancri y, Proxima b, TRAPPIST-1 …,vai nomes teñen! e na organización de dous concertos.

Astrovaqueiros&cousas, a primeira mostra “astronómicartística”, froito da colaboración entre a astrofísica Ana Ulla e as artistas Carmen Villar e Rita Landeiro, co respaldo da empresa química Xylazel, explora as posibilidades do pintado sobre compoñentes reciclados, utilizando pinturas innovadoras, inspirándose en elementos astronómicos, desde exoplanetas a galaxias, cometas ou cúmulos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.