Volve o espectáculo da choiva de estrelas coas Táuridas e as Leónidas

As Leónidas semellan saír do cadrante de Tauro.
As Leónidas semellan saír do cadrante de Tauro.
As Leónidas semellan saír do cadrante de Tauro.

Os observadores do ceo prepáranse para recibir dúas importantes choivas de meteoritos este mes de novembro: as Táuridas, cun máximo de visibilidade o 10 e 11 de novembro, e as Leónidas, o 17 de novembro.

Estes fenómenos prodúcense cando a Terra se atopa periodicamente, na súa viaxe arredor do Sol, con correntes de cascallos de cometas ou, ocasionalmente, asteroides. As partículas dos refugallos estrélanse contra a atmosfera da Terra e quéimanse, producindo un meteoro ou ‘estrela fugaz‘.

Publicidade

As Táuridas son denominadas así porque parecen irradiar desde a constelación de Tauro. Chegarán ao seu punto máximo o venres e o sábado (10 e 11 de novembro), mentres que a Lúa se atopa na súa fase minguante.

O mellor momento para ver este evento é aredor da medianoite. Este fenómeno é causado polo ronsel do cometa Encke.

As Leónidas, pola súa banda, alcanzarán o seu punto máximo o 17 de novembro. O pico desta ‘choiva’ é un momento ideal para os observadores do ceo, xa que a Lúa non estará presente no ceo. Ocasionalmente, as Leónidas producen tormentas de meteoros, como en 1966, cando caeron tantos meteoros que os observadores indicaron que a visión semellaba que estaba a chover. Este ano espérase que produza meteoros débiles, a unha taxa duns 10 por hora. Os meteoros chegarán ao seu punto máximo no ecuador da madrugada. A fonte deste evento é o cometa Tempel-Tuttle.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.