Máis alá de Plutón poderían agacharse polo menos dous planetas descoñecidos, cunha influencia gravitacional que determina as órbitas e a estraña distribución de obxectos que se observan detrás de Neptuno. Así o revelan os cálculos astronómicos efectuados por investigadores da Universidade Complutense de Madrid e a Universidade de Cambridge. A confirmación desta hipótese supoñería toda unha revolución nos modelos sobre o sistema solar. Existen datos orbitais que non encaixan co modelo, "o que nos fai pensar que algunhas forzas invisibles están a alterar as órbitas dalgúns obxectos e consideramos que a explicación máis probable é que existen planetas descoñecidos máis alá de Neptuno e Plutón", explica Carlos de la Fuente Marcos, científico da UCM e coautor do traballo. Científicos de todo o mundo levan anos debatindo sobre se existen planetas tan lonxanos. Dous investigadores estadounidenses descubriron en 2013 un novo planeta anano chamado 2012 VP113 na nube de Oort, xusto máis alá do noso sistema solar. O máis sorprendente é que a súa órbita se ve influenciada pola posible presenza dun planeta descoñecido, escuro, xélido e dun tamaño que podería ser dez veces o da Terra. Esta súper Terra e outro planeta chamado Sedna (recreado nesta imaxe pola NASA) son algunhas das sorpresas que os astrofísicos esperan confirmar proximamente.

Dous novos planetas máis alá de Plutón

Máis alá de Plutón poderían agacharse polo menos dous planetas descoñecidos, cunha influencia gravitacional que determina as órbitas e a estraña distribución de obxectos que se observan detrás de Neptuno. Así o revelan os cálculos astronómicos efectuados por investigadores da Universidade Complutense de Madrid e a Universidade de Cambridge. A confirmación desta hipótese supoñería toda unha revolución nos modelos sobre o sistema solar. Existen datos orbitais que non encaixan co modelo,

Máis alá de Plutón poderían agocharse polo menos dous planetas descoñecidos, cunha influencia gravitacional que determina as órbitas e a estraña distribución de obxectos que se observan detrás de Neptuno. Así o revelan os cálculos astronómicos efectuados por investigadores da Universidade Complutense de Madrid e a Universidade de Cambridge. A confirmación desta hipótese supoñería toda unha revolución nos modelos sobre o sistema solar. Existen datos orbitais que non encaixan co modelo, “o que nos fai pensar que algunhas forzas invisibles están a alterar as órbitas dalgúns obxectos e consideramos que a explicación máis probable é que existen planetas descoñecidos máis alá de Neptuno e Plutón”, explica Carlos de la Fuente Marcos, científico da UCM e coautor do traballo. Científicos de todo o mundo levan anos debatindo sobre se existen planetas tan lonxanos. Dous investigadores estadounidenses descubriron en 2013 un novo planeta anano chamado 2012 VP113 na nube de Oort, xusto máis alá do noso sistema solar. O máis sorprendente é que a súa órbita se ve influenciada pola posible presenza dun planeta descoñecido, escuro, xélido e dun tamaño que podería ser dez veces o da Terra. Esta súper Terra e outro planeta chamado Sedna (recreado nesta imaxe pola NASA) son algunhas das sorpresas que os astrofísicos esperan confirmar proximamente.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.