Fotonautas Descobren unha nova especie de homínido Por Redacción - 10/09/2015 FacebookTwitterLinkedinWhatsAppEmailCopy URL Un equipo internacional de científicos vén de describir unha nova especie de homínido, chamada Homo naledi, cuxa morfoloxía se sitúa entre os xéneros Australopithecus e Homo. Os científicos, que descoñecen aínda cando viviu este homínido, acharon os restos de polo menos 15 individuos desta especie no depósito Dinaledi en Sudáfrica. Cunha capacidade cranial de ao redor de 500 cm3, moito menor que a de humanos actuais, Homo naledi tiña características moi próximas ao xénero Homo en canto a mastigación, manipulación e locomoción refírese. Non obstante pola estrutura do seu torso e o xogo do tórax coa pelve, á parte da capacidade cranial, achegaríase máis a Australopithecus, un xénero de primates homínidos que desapareceu hai uns dous millóns de anos. Estes fósiles indican que a evolución de aspectos tan importantes como a manipulación e a locomoción se produciu independentemente da encefalización, é dicir, antes do aumento do tamaño cerebral. A revista National Geographic dedica a súa portada a este novo homínido e lle pon esta faciana. Un equipo internacional de científicos vén de describir unha nova especie de homínido, chamada Homo naledi, cuxa morfoloxía se sitúa entre os xéneros Australopithecus e Homo. Os científicos, que descoñecen aínda cando viviu este homínido, acharon os restos de polo menos 15 individuos desta especie no depósito Dinaledi en Sudáfrica. Cunha capacidade cranial de ao redor de 500 cm3, moito menor que a de humanos actuais, Homo naledi tiña características moi próximas ao xénero Homo en canto a mastigación, manipulación e locomoción refírese. Non obstante pola estrutura do seu torso e o xogo do tórax coa pelve, á parte da capacidade cranial, achegaríase máis a Australopithecus, un xénero de primates homínidos que desapareceu hai uns dous millóns de anos. Estes fósiles indican que a evolución de aspectos tan importantes como a manipulación e a locomoción se produciu independentemente da encefalización, é dicir, antes do aumento do tamaño cerebral. A revista National Geographic dedica a súa portada a este novo homínido e lle pon esta faciana.