Curiosity en Marte.

Curiosity en Marte.

Curiosity celebra cun ‘selfie’ o seu primeiro ano marciano

Curiosity en Marte.

O robot Curiosity cumpriu esta semana un ano marciano -equivalente a 687 días terrestres- de exploración no planeta vermello, polo que a axencia espacial estadounidense publicou un selfie do robot. Segundo a NASA, se trata dunha ducia de imaxes tomadas entre abril e maio deste ano cunha cámara colocada no propio brazo robótico do Curiosity. O vehículo explorador partiu o 26 de novembro de 2011 nun foguete Atlas dende o Centro Espacial Kennedy, en Florida, e descendeu o 6 de agosto de 2012 no cráter Gale coa misión de descubrir se Marte tivo vida. A misión inicial programárase para un ano marciano, ou 1.88 anos terrestres. Pero o Curiosity segue funcionando ben e a NASA indicou que seguirá operando na medida que os pneumáticos do vehículo poidan manexarse co terreo. Ata hoxe, en vinte e tres días de desprazamentos, o Curiosity percorreu 7.9 quilómetros da superficie marciana. Dende que o vehículo, que pesa uns 900 quilogramos e está equipado con cámaras, pinzas robóticas e sensores, descendeu en Marte un dos seus principais achados foi o leito do que nalgún momento puido ser un río. Ademáis, atopou pegadas químicas da pasada existencia de vida no planeta.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.