Curtocircuíto no acelerador de protóns

O congreso estudará a ruptura da simetría entre materia e antimateria producida no Big Bang.
O congreso estudará a ruptura da simetría entre materia e antimateria producida no Big Bang.
O colisionador de protóns LHC tivo que atrasar a súa posta en marcha por un curtocircuíto intermitente nun dos grandes imáns que forman parte desta grande infraestrutura científica. O reinicio, tras dous anos de inactividade, terá unha demora de "entre uns poucos días e unhas semanas" segundo fontes do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN). O segundo período de operación ou Run 2 prolongarase ao longo dos próximos tres anos. O LHC é o acelerador de partículas máis grande e potente do mundo, un anel xigantesco de 27 quilómetros que foi reparado e actualizado dende principios de 2013, cando finalizou o seu Run 1, unha etapa na que se descubriu o famoso bosón de Higgs. O LHC traballará a temperaturas próximas ao 0 absoluto e a 13 TeV, o dobre de enerxía que na primeira etapa.
O colisionador de protóns LHC tivo que atrasar a súa posta en marcha por un curtocircuíto intermitente nun dos grandes imáns que forman parte desta grande infraestrutura científica. O reinicio, tras dous anos de inactividade, terá unha demora de “entre uns poucos días e unhas semanas” segundo fontes do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN). O segundo período de operación ou Run 2 prolongarase ao longo dos próximos tres anos. O LHC é o acelerador de partículas máis grande e potente do mundo, un anel xigantesco de 27 quilómetros que foi reparado e actualizado dende principios de 2013, cando finalizou o seu Run 1, unha etapa na que se descubriu o famoso bosón de Higgs. O LHC traballará a temperaturas próximas ao 0 absoluto e a 13 TeV, o dobre de enerxía que na primeira etapa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.