Xa están aquí as fotos finalistas do certame Comedy Widlife 2016, un concurso que busca premiar as imaxes máis divertidas da vida salvaxe, sobre todo de animais en situacións parvas ou absurdas. Tamén quere impulsar a conservación, unha causa que cada ano que pasa ten maior importancia.
Os organizadores deste importante certame traballan xunto á fundación Born Free polo benestar animal e a súa conservación, e actúan en todo o mundo para salvar vidas e protexer a especies salvaxes.
Aquí vai unha escolma das mellores imaxes finalistas do 2016.