O Códice Calixtino da catedral de Santiago de Compostela.

O Códice Calixtino da catedral de Santiago de Compostela.

O Códice Calixtino entra na Memoria do Mundo da Unesco

Tamén ingresa neste rexistro o arquivo documental das investigacións de Ramón y Cajal

O Códice Calixtino da catedral de Santiago de Compostela.

O Códice Calixtino da catedral de Santiago de Compostela.

O Códice Calixtino vén de entrar no Rexistro da Memoria do Mundo da Unesco. Este programa, creado en 1992, ten como obxectivo sensibilizar á comunidade internacional sobre a riqueza do patrimonio documental, a necesidade de garantir a súa conservación para as xeracións futuras e facelo accesible para un público amplo.

memoria do mundo

A candidatura do Códice Calixtino da Catedral compostelá, formulada pola Xunta de Galicia no consello xacobeo e apoiada por todos os seus membros, foi ademais ampliada pola Subdirección Xeral dos Arquivos Estatais do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte coa incorporación de todas as copias medievais do Liber Sancti Iacobi que se conservan na Catedral de Santiago, no Arquivo da Coroa de Aragón, na Biblioteca Xeral Histórica da Universidade de Salamanca, na Biblioteca Nacional portuguesa e na Biblioteca Nacional española.

Cara a 1120-1124 Diego Gelmírez, primeiro arcebispo de Santiago de Compostela, ordena a un grupo de teólogos e ilustradores a compilación do Iacobus ou Libro de Santiago. Esa compilación recibe o nome de ‘Calixtino’ polo interese en simular que o seu redactor fora o papa Calixto II (1116-1124), gran benefactor da Igrexa de Santiago. En séculos seguintes realízanse varias copias completas ou parciais do códice, que reúne a historia da peregrinación a Compostela.

O ministro Íñigo Méndez de Vigo celebrou que a Unesco incorpore, ademais desta, as outras dúas candidaturas presentadas por España neste rexistro.

Así, foi tamén recoñecida a candidatura do ‘Arquivo Xeral de Simancas‘. E tamén os Arquivos de Santiago Ramón y Cajal, e a Escola Neurohistolóxica Española, a proposta do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Este fondo documental inclúe a totalidade do legado testamentario do aragonés, así como outros fondos documentais de discípulos como Pío del Río Ortega ou Fernando de Castro entre outros.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.