Lugo.

Lugo.

Así eran as cidades galegas desde o aire hai 70 anos

O Instituto de Estudos do Territorio da Xunta publica ortografías tomadas polo exército estadounidense no ano 1946

Lugo.

Lugo.

Hoxe en día é moi sinxelo visualizar Galicia desde o aire grazas a numerosas ferramentas, mais hai 71 anos, as posibilidades eran moito menores. Unha das primeiras fontes cartográficas con imaxes reais foi o voo americano realizado entre 1956 e 1957, que permitiu obter un gran retrato do territorio galego desde o ceo. Agora, a Xunta acaba de publicar, a través do Instituto de Estudos do Territorio, imaxes aéreas das sete cidades galegas tomadas no ano 1946, tamén polo exército estadounidense.

“A importancia desta información radica na súa utilidade para a comprobación da evolución das zonas urbanas, as dinámicas fluviais ou hidrográficas, repoboacións, superficies de cultivo e grandes infraestruturas”, segundo informan desde a administración autonómica.

Así, o Instituto de Estudos do Territorio incorporou aos visores de información xeográfica unha nova capa de fondo con estas imaxes, tomadas a escala cartográfica e libres de deformacións, que permiten o seu uso como mapas e mesmo realizar medicións.

Este mapa é o anticipo dun proxecto de recollida de información no que está a traballar o IET, dentro de Plan Nacional de Ortofotografía Nacional histórica, en colaboración co Ministerio de Defensa.

9 respostas a “Así eran as cidades galegas desde o aire hai 70 anos”

  1. José Búa

    Creo que servíu de base para o estudio Catastral. Agora utilizándose Drons, que pagamos a razón de 60€ cada administrado catastral. Invadido o meu espazo aéreo e a miña intimidades. Foi máis barato o voo americano.

Deixar unha resposta a Manuel Rey

Preme aquí para cancelar a resposta.

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.