Unha imaxe da Superlúa de 2016.

Unha imaxe da Superlúa de 2016.

Chega a Superlúa 2017, a máis grande do ano

O noso satélite natural atravesa o punto da súa órbita máis próximo ao centro do planeta Terra

Unha imaxe da Superlúa de 2016.

Unha imaxe da Superlúa de 2016.

Chega a Superlúa 2017, o fenómeno no que a Lúa será aparentemente máis grande no ceo nocturno. A Superlúa 2017 poderase observar na madrugada deste domingo día 3 ao luns 4 de decembro e fará que o satélite natural da Terra poida verse un 14 % máis grande do seu tamaño habitual.

O satélite achegarase 357,495 kms á Terra. O fenómeno da Superlúa é habitual e prodúcese cando hai unha Lúa chea e o satélite terrestre atravesa o punto da súa órbita máis próximo ao centro da terra. A órbita da Lúa é elíptica, por iso hai momentos en que está máis ou menos preto do planeta.

A Superlúa de decembro 2017 comezará ás 16:48 horas da tarde do domingo (horario de España) e os mellores momentos para gozar deste acontecemento natural, segundo as indicacións da NASA, será a primeiras horas da mañá ou despois da posta de Sol.

Sobre o termo ‘Superlúa’ existe certa controversia, xa que hai astrónomos que rexeitan esta expresión, xa que a consideran ‘unha moda’. Pero do que non hai dúbida é de que o satélite vai poder ser observado con maior tamaño e brillo, como recorda a NASA nun comunicado emitido hoxe.

O incremento do brillo da Superlúa pode chegar a alcanzar o 30 por cento

A mellor forma de contemplar o ceo nocturno é buscar un lugar afastado das grandes cidades, sen contaminación lumínica. En Galicia, están previstos ceos despexados que van facilitar a observación. O incremento no brillo pode chegar a un 30 por cento, aínda que na observación da Lúa a simple vista interveñen moitos aspectos, entre eles as perspectivas e a presenza no campo visual doutros obxectos que nos fagan sentir a ilusión dunha Lúa maior do normal.

A Superlúa 2017 será un dos fenómenos lunares do ano, pero non será tan espectacular como a superlúa que se puido ver o pasado ano, que foi a máis grande e brillan dos últimos 70 anos. Prevese que nos primeiros meses do ano 2018 póidanse ver varias Superlúas máis, con todo, para ver unha das dimensións da Superlúa 2016 haberá que esperar ata a Superlúa a do 25 de novembro do ano 2034.

Ás veces tamén se suxire que o incremento da atracción gravitatoria entre a Terra e a Lúa durante unha superlúa podería producir perturbacións xeolóxicas, como terremotos ou tsunamis, pero en realidade ese incremento é demasiado pequeno para causar eses efectos. O único efecto que se pode observar no noso planeta é que as mareas sexan un pouco máis vivas do habitual, ademais do espectáculo que supón gozar da Lúa en todo o seu esplendor.

Unha resposta a “Chega a Superlúa 2017, a máis grande do ano”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.